sábado, 6 de junio de 2015

SAÍMOS EN GALICIA NOTICIAS

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-mediodia-1189244
BUSCA O MINUTO 30:35

GUÍAS TURÍSTICOS

O sábado 30 de Maio as 18 horas celebrouse en Tui a fase final do concurso "Matemáticas na raia" e viñeron sobre 30 escolares do norte de Portugal e de Galicia, o concello díxonos se queríamos fecer de guías turísticos e amosarlles Tui.
Para esta tarefa coa que estábamos encantados decidimos dividirnos en cinco grupos por diferentes zonas:
GRUPO 1: Zona da muralla, as rúas vellas e as monxas encerradas
GRUPO 2: A Capela da Misericordia, San Telmo e o Teatro principal
GRUPO 3: Paseoda Corredoira, os Cabalos, Xadíns e Alameda
GRUPO 4: San Bartolomé, Santo Domingo e Paseo Fluvial
GRUPO 5: Paso do camiño de Santiago por Tui, a Catedral a Ponte Internacional
E antes de despedirnos recomendamoslles visitar o Monte Aloia e o Alto dos Cubos

Cando chegaron os rapaces cos seus mestres os repartimos cos catro primeiros grupos e os rotamos para que todos coñeceran ben a nosa cidade, cada grupo tiña 20 minutos para encontarse nun punto co seguinte grupo e ao rematar quedamos tod@s na Catedral. Na Catedral empezou o turno do último grupo.
Os acompañamos ata a ponte Internacional e alí nos depedimos porque ían a ValenÇa do Miño.

Estes días recibimos un mail deles: